Artigos Recentes

Publicado o 23/09/2017

O Centro de Interpretación de Caldoval alcanza @s 1.000 visitantes.

Tan só catorce días despois da súa apertura, o Centro de Interpretación de Caldoval, do Concello de Mugardos, alcanza a impresionante cifra de mil visitantes! Todo un éxito de público e unha grandísima acollida por parte d@s veciñ@s. Para celebralo, a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, fixo entrega a Lucas (así se chama o rapaz de Mugardos que resultou ser o visitante número mil) dun doce adornado co logotipo de Caldoval. A tarde convertíuse nunha festa improvisada c@s visitantes que alí se atopaban. As expectativas coa apertura do Centro de Interpretación eran grandes pero estas cifras superan calquera previsión. Un bo comezo para Caldoval!