Artigos Recentes

Publicado o 16/09/2017

Seminario “Sitios culturais e xacementos arqueolóxicos na costa de Galicia”.

Esta fin de semana estase a celebrar no Centro de Interpretación do xacemento arqueolóxico de Caldoval este encontro organizado por Ruta dos Faros de Galicia. Un proxecto de cooperación entre Margalaica e os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que pretende reflexionar sobre como coidar, difundir e potenciar o patrimonio cultural arqueolóxico da costa galega. Unha peza estratéxica para a economía e a imaxe turística que cada vez máis busca a compoñente cultural e a desestacionalización da oferta. Máis de cincuenta expert@s en xestión turística e cultural participan deste interesante seminario que ten a Caldoval como escenario privilexiado.