Publicado o 23/10/2026
2ª Sesión do club de lectura sobre a antiga Roma en Caldoval Presentamos a segunda cita do Club de lectura sobre a antiga Roma de Caldoval, que terá lugar o domingo 29 de novembro ás 11:30 h. Contamos con que a duración será dunha hora e media aproximadamente. A obra sobre a que conversaremos será “Las máscaras de Julia”, de Sandra Parente, publicada o pasado ano 2025 pola editorial Desperta Ferro. Unha novela histórica que nos invita a afondar nas costuras familiares da Roma Imperial de Augusto da man de Julila, neta do propio emperador. Se ti tamén queres participar, ou coñeces a alguén que lle poida interesar, o noso contacto é o teléfono 687 072 116 e o correo info@museocalfoval.gal 2ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

