Obradoiros didácticos

Como complemento á visita ao Centro de Interpretación de Caldoval, o museo ofrece unha serie de talleres didácticos adaptados a cada idade e intereses para coñecer dunha maneira diferente o xacemento e o antigo mundo romano. A duración aproximada dos obradoiros é dunha hora. Descarga o noso dossier didáctico e escolle aquel que vos cumpra máis!

Venres: obradoiros para a comunidade educativa.
Domingos: obradoiros para familias e público en xeral ás 11:30h. e 17:30h.

Os talleres didácticos do Centro de Interpretación de Caldoval son de balde.
É necesario reservar praza.

Contacta con nós a través do noso mail info@museocaldoval.gal ou teléfono 687 072 116.