O deporte en Roma tiña grande importancia. Pero a diferenza d@s greg@s, para @s que o atletismo era parte fundamental da súa formación como individuos, en Roma cobrou unha dimensión máis espectacular, recreativa e militar. Formaba parte central da vida d@s roman@s que desfrutaban vendo grandes celebracións deportivas adicadas a deuses e deusas ou en conmemoracións especiais. Tratábase dos ludi, unha tradición que o pobo romano tomou da cultura etrusca, que facía ofrendas relixiosas en forma de competicións deportivas mesturadas con danza, canto, teatro… Os espectáculos festivos tiñan a función política de manter entretido ao pobo e canalizar as súas tensións a través de competicións violentas e representacións artísticas. Nestas festas celebrábanse combates de gladiadores, loitas con bestas salvaxes ou domesticadas (venatorias), carreiras de cuadrigas, execucións públicas, recreacións militares, batallas navais (naumaquias), etc… A diferenza d@s greg@s que eran homes e mulleres libres, en Roma estas actividades eran protagonizadas por mercenarios, militares, loitadores profesionais, esclav@s e condenad@s.
Nas termas ou baños, o deporte era practicado na palestra, tamén chamada schola como parte do mantemento e hixiene corporal diario. Alí exercitábanse homes e mulleres en prácticas ximnásticas guiadas por un magister ou adestrador. Realizaban exercicios atléticos (saltos, tiro con arco, xabalina, carreiras ou cursus…), de forza (haltera) con pesas de chumbo, e sobre todo xogaban colectivamente a deportes de pelota. Algúns dos máis populares eran o harpastum, unha especie de fútbol con mans e pés no que o único que non estaba permitido era matar. Consistía en manter unha pequena pelota chea de area (harpasta ou follis) na metade propia do campo. Os equipos estaban compostos por un número variable de xogadores/as, entre 5 e 12, e só se podía atacar a aquela persoa que portara a pelota. Outro dos deportes máis populares era o trigon, que consistía en formar un triángulo de persoas e pasarse dúas pelotas duras que non podían caer ao chan. É de destacar que polo xeral cada xogador/a tiña un escravo/a que lle contaba os puntos (pilecripus) e outr@ recolle-pelotas.
Outros deportes que practicaban @s roman@s na palestra ou nunha especie de cancha pechada chamada sphaeristerium, eran o aro ou trochus; o voleibol (ludere detatim), no que se empregaba unha pelota ovalada enchida de plumas chamada pila paganica. Tamén un xogo de saltar a pelota; outro no que se lanzaba contra a parede; e unha especie de balonmán chamado expulsim ludere. Por suposto non faltaban tampouco os combates e deportes de loita como podía se o pugilatus (boxeo), unha especie de esgrima con paus que se practicaba en parellas ou contra unha saca de area, e o máis violento de todos: o pancracio; onde o único que non estaba permitido era morder e meterlle os dedos nos ollos ao contrario/a.