Os venres no Centro de Interpretación de Caldoval están orientados á comunidade educativa. En combinación cunha visita guiada adaptada en contidos, duración e percorrido aos diferentes ciclos formativos; o museo de Caldoval oferta unha serie de obradoiros deseñados para cada idade. Unha maneira diferente e divertida de coñecer o xacemento, a cultura do mundo romano, os seus xogos e deportes, as termas e o coidado corporal, a arte romana, e moitas máis cousas relacionadas con esta fantástica civilización á que tanto lle debemos. Un programa específico para que o alumnado de infantil, primaria, secundaria e bacharelato aproveite ao máximo a visita e aprenda dun modo divertido e participativo.
As visitas escolares e obradoiros do Centro de Interpretación de Caldoval son de balde.
É necesario programar a visita.
Contacta con nós a través do noso mail info@museocaldoval.gal ou teléfono 687 072 116.