Benvid@ ao Centro de Interpretación de Caldoval. Un proxecto museográfico no Concello de Mugardos, A Coruña, que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía. Trátase dos únicos baños termais con palestra de todo o noroeste peninsular. Un complexo de ocio e saúde adicado ao coidado do corpo e á práctica deportiva. Un balneum rural doméstico que formaba parte dunha Villa Romana a mare que estivo habitada entre o século I. d.C. e o V d.C., en época do Imperio Romano.

A través das visitas guiadas e os obradoiros para grupos e familias poderás descubrir como vivían e se coidaban @s roman@s. Coñecerás os deportes que practicaban, con que regras e que tipo de pelotas utilizaban; as vestimentas que levaban para tomar os baños; cal era o uso e características de cada unha das estancias do circuíto termal; como transportaban as mercadorías e cales eran as principais rutas comerciais da Gallaecia; os xogos de mesa e azar máis populares; e moitas outras cousas interesantes adaptadas a calquera idade e tipo de visitante. Bótalle un ollo á nosa web e organiza a túa visita!