Publicado o 13/06/2023
Os obradoiros e visitas guiadas levaranse a cabo de venres a domingo conservando as súas quendas de mañá e tarde. Para máis información, non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou no teléfono 687 072 116, en horario de apertura. NOVO HORARIO XUÑO-SETEMBRO
Coa chegada do mes de xuño, o centro muda o seu horario para instaurar xa o que nos acompañará durante a totalidade do verán. O museo permanecerá aberto de martes a domingo para visita libre dentro do seu horario habitual e pechará, unicamente, os luns.
