Publicado o 15/06/2023
Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, nome e teléfono da persoa de contacto. OBRADOIRO ESPECIAL: A SEMENTE DE ROMA
Inauguramos este mes de xuño as actividades especiais de verán estreando un novo obradoiro. Tócanos falar de agricultura en Caldoval, unha das actividades máis relevantes na Antiga Roma. Que comían? Que cultivaban e como o facían? Serán algunhas das dúbidas ás que daremos resposta este próximo sábado 17 ás 17:30h da tarde. Aproveitarase a ocación para plantar as nosas propias sementes.
