Publicado o 20/07/2023
O obradoiro levarase a cabo no centro o sábado día 22 de xullo en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto. OBRADOIRO ESPECIAL DE ARQUITECTURA
Continuamos coa programación de actividades especiais de verán presentando un novo obradoiro familiar sobre arquitectura romana. A actividade consistirá no deseño e creación da fachada dun templo romano para poder coñecer mediante as manualidades as distintas partes das que estaban compostos estes colosais edificios.
