Artigos Recentes

Publicado o 01/08/2023

OBRADOIRO ESPECIAL DE ARQUEOLOXÍA

Chega o mes de agosto, e con él, unha nova programación de actividades especias organizadas polo Centro de Interpretación de Caldoval para este verán. O obradoiro familiar especial de arqueoloxía que se estreaba por primeira vez no verán do 2021 será o encargado de iniciar a etapa.
Seguindo as instrucións dos escritos antigos, as distintas familias participantes terán que somerxerse baixo terra para atopar o tesouro que foi agochado pola dona da Vila de Caldoval fai moitos anos. Conta a lenda que aquelas persoas que o atopen gozarán dunha inesgotable boa fortuna.
A actividade é completamente de balde e levarase a cabo no centro o domingo día 6 de agosto en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.