Publicado o 28/09/2025
Presentamos o cartel da VII Xornada sobre a Mugardos Romana Un ano máis, o Centro de Interpretación organiza, a mañá do sábado 25 de outubro, unhas charlas de especialistas en arqueoloxía, patrimonio e deporte antigo para afondar no noso pasado romano, facendo fincapé na nosa área xeográfica do noroeste peninsular. A xornada desenvolverase en horario de 10 a 13:45 h. con entrada de balde sen necesidade de reserva previa ata completar o aforo. VII XORNADA SOBRE A MUGARDOS ROMANA

