Artigos Recentes

Publicado o 22/07/2026

O ceo sobre Roma

NOVA ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN EN CALDOVAL

No marco da nosa programación de verán e como actividade previa á eclipse, o Centro de Interpretación de Caldoval organizará a charla didáctica O Ceo sobre Roma, o vindeiro 1 de agosto, ás 11:30 h. 

Como estudaban o firmamento na Antiga Roma? Que fenómenos celestes observaron, e como os interpretaron? Que mitos se agochan tras as constelacións? E cal é a orixe do zodíaco romano? Estas e outras cuestións serán aclaradas durante a actividade, que será de acceso gratuíto e cuxa duración será de aproximadamente 45 minutos. 

Esta charla especial está orientada para todos os públicos, aínda que é precisa a inscrición previa. Para reservar a súa praza, pode contactar connosco a través do correo info@museocaldoval.gal ou do teléfono 687 07 21 16 (atenderemos durante o horario de apertura do museo: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h).

Importante: o prazo de inscrición permanecerá aberto até o venres 31 de xullo.