Publicado o 09/10/2026
No marco da VIII Xornada sobre a Mugardos Romana do vindeiro sábado 17, a asociación de recreación histórica Caetra Lucensium impartirá un obradoiro sobre cuñaxe de moeda romana, grazas ao cal viviremos unha experiencia inesquecíbel. A actividade contará cunha modalidade para público ADULTO e outra para público INFANTIL (para crianzas a partir de 6 anos acompañadas por unha persoa adulta), polo que pode participar toda a familia! O taller comezará ás 17 h e a súa duración aproximada é de 30 minutos. Posto que as prazas son limitadas, se acadamos o número máximo de asistentes abriremos unha segunda quenda ás 17:45 h. Podedes participar de balde enviando un correo indicando o nome, número de persoas e nomes das crianzas a info@museocaldoval.gal, ou ben a través do teléfono 687072116. Atención en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h. OBRADOIRO DE CUÑAXE DE MOEDA IMPARTIDO POR CAETRA LUCENSIUM

