Artigos Recentes

Publicado o 05/08/2026

CONTINÚAN OS OBRADOIROS DE VERÁN

CONTINÚAN OS OBRADOIROS ESPECIAIS DE VERÁN

NOVOS OBRADOIROS EN AGOSTO: XOIERÍA O SÁBADO 22 E GRAFFITI O 29

O Centro de Interpretación do Caldoval continúa coa programación de verán neste mes de agosto con dúas novas propostas:

  • A primeira será o obradoiro de xoiería o sábado 22 de agosto. Nel crearedes pulseiras con mensaxes en latín para levar convosco algunhas das expresións máis famosas da antiga Roma. Carpe diem!
  • A segunda será o obradoiro de graffiti o sábado 29 de agosto. Os debuxos e as marcas nas paredes eran unha forma de expresión viva e espontánea, e ningunha superficie estaba a salvo. Neste taller descubriredes como eran e recrearémolos empregando técnicas tradicionais.

Ámbalas dúas actividades son de balde e destinadas a público familiar con crianzas a partir de 6 anos. Así mesmo, a de xoiería pensamos que tamén pode encaixar con público adulto. Hai dúas quendas a elixir: 11:30 h. e 17:30 h., dunha duración aproximada dunha hora. As inscricións fanse no correo do centro info@museocaldoval.gal  ou no teléfono 687 07 21 16 (onde atenderemos en horario de apertura: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h) ata o venres previo á actividade.