Artigos Recentes

Publicado o 02/09/2026

O ZODÍACO NA ROMA ANTIGA

NOVO OBRADOIRO ESPECIAL DE VERÁN

O Centro de Interpretación de Caldoval continúa coa súa programación especial de verán. Desta vez, co gallo do IX aniversario do centro, realizaremos un obradoiro especial sobre O Zodíaco en Roma. Ademais de aprender máis sobre o zodíaco, neste taller deseñaremos os signos zodiacais correspondentes ás persoas participantes.

Esta actividade gratuíta terá lugar o sábado 12 de setembro, en dúas quendas (ás 11:30 h e ás 17:30 h), e está dirixida a todos os públicos a partir dos 8 anos. Porén, é necesaria a inscrición previa para poder participar. Esta pode realizarse a través do correo info@museocaldoval.gal ou por vía telefónica 687 07 21 16 (atenderase en horario de apertura: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h).

Importante: a inscrición será unicamente posíbel até o venres 11 de setembro.

 

O Zodíaco en Roma, obradoiro especial