Artigos Recentes

Publicado o 23/10/2026

MUNDUS PATET

NOVA ACTIVIDADE EN CALDOVAL: MUNDUS PATET

O sábado 31 de outubro ábrese a porta que na Roma antiga conectaba o mundo dos vivos co dos mortos…E o museo énchese de pantasmas 👻 A misión está clara: devolvelos ao máis alá! Realmente este fenómeno ocorría tres veces ao ano, os días 24 de agosto, 5 de outubro e 8 de novembro, polo que o movemos uns días para coincidir coa nosa festa do Samaín.

A cita é ás 17:30 h., sen necesidade de reservar praza, para todos os públicos e de balde. Animamos a vir con disfraz e ademais, repartiremos cabaciñas decorativas entre as persoas participantes, ata fin de existencias.