Publicado o 08/09/2017
Inauguración do Centro de Interpretación de Caldoval.
Por fin chegou o día esperado. O 8 de setembro de 2017, a empresa Reganosa fixo entrega ao Concello de Mugardos das instalacións que acollerán a partir de agora ao xacemento romano do Caldoval. A alcaldesa Pilar Díaz, participou no acto e salientou a importancia cultural, turística e económica que pode supoñer este museo para o Concello de Mugardos, que cedeu os terreos para a súa construción. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o presidente de Reganosa, José María Paz Goday, destacaron tamén a minuciosidade do proceso de escavación, restauración e musealización do xacemento. O Centro de Interpretación de Caldoval abre pois as súas portas a tódol@s veciñ@s de Mugardos, visitantes de Ferrolterra, de Galicia e do mundo enteiro para que desfruten dun xacemento único: un balneum doméstico con palestra deportiva.
