Artigos Recentes

Publicado o 19/09/2026

NOVO CLUB DE LECTURA SOBRE A ANTIGA ROMA

NOVA INICIATIVA PARA AS MÁIS LECTORAS E LECTORES

O Centro de Interpretación de Caldoval comprácese en anunciar o seu novo Club de Lectura sobre a Antiga Roma. Este espazo constitúese como un recuncho onde parolar e debater sobre novelas históricas, obras clásicas, ensaios e mesmo bandas deseñadas, por suposto, ambientadas no mundo romano.

As xuntanzas do club terán lugar mensualmente e a primeira sesión será o 18 de outubro, de 11:30 h ás 12:30 h, no Centro de Interpretación de Caldoval. O libro escollido para esta ocasión é Roma Sangrienta, de Pedro Huertas, un true crime histórico que nos trasladará a unha Roma tanto fascinante como truculenta, onde os asasinatos e conxuras non deixarán a ninguén indiferente.

Para participar no club, cómpre inscribirse previamente, escribindo ao corre electrónico info@museocaldoval.gal ou chamando ao teléfono 687 072 116.

Non o pensedes máis e unídevos ao noso novo club!

 

 

 

Novo Club de Lectura

sobre a Antiga Roma