Publicado o 14/05/2018
Haberá visitas guiadas por Patricia Casal, experta no patrimonio e turismo de Mugardos e da Ría de Ferrol, ás 10:30, 12:30, 16:30 e 18:30. Tamén se poderán facer os obradoiros relacionados coa Antiga Roma ás 11:30 e 17:30 con reserva previa. Unha boa oportunidade para realizar o xogo familiar “O Tesouro de Caldoval” co que realizar unha visita ao museo de pista en pista descubrindo cousas sorprendentes do mundo romano e de Caldoval. Caldoval abre o Día das Letras Galegas.
O vindeiro xoves 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Centro de Interpretación de Caldoval, o xacemento romano situado no Concello de Mugardos, permanecerá aberto en horario habitual con motivo da festividade. Entre as 10:00 e 14:00, así como entre as 16:00 e 20:00 horas poderanse visitar os restos do que foi un circuíto termal chamado balneum, uns baños domésticos que aínda teñen moitos misterios que resolver.
