Publicado o 01/10/2018
A partir do 1 de outubro o CIC abrirá de venres a domingo ás mesmas hora que o viña facendo ata agora. De 10:30h a 14h polas mañás e de 16:30 a 20:00h polas tardes. Os venres quedaran reservados para as visitas dos centros escolares que queiran coñecer como funcionaba un balneum romano hai 2000 anos. Este novo curso 2018-19 Caldoval amplía a súa oferta didáctica con novos obradoiros para todos os tramos de idade. De esta maneira poderase escoller ata 7 talleres diferentes de 1 hora de duración que complementarán a visita ao xacemento. Pódese ampliar información nesta ligazón: Dossier didáctico 2018-19. Do mesmo xeito os sábados e domingos continuaranse realizando visitas guiadas ás 11h, 13h, 16h e 18h e obradoiros didácticos familiares ás 12h e 17h. Ademais dentro do horario de apertura aquelas familias que desexen achegarse ao patrimonio de Caldoval dun xeito máis distendido terán a oportunidade de facer o xogo de pistas “O Tesouro de Caldoval”. As reservas deberanse facer no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116 (só en horario de apertura). Chega o outono con novo horario en Caldoval
Despois dos intensos meses de actividade do período estival nos que máis de 2.200 persoas se achegaron ata o Centro de Interpretación de Caldoval, chega o outono con novo horario e novos proxectos.
