Publicado o 05/09/2025
O sábado 13 arrancamos as actividades do mes de setembro coa visita guiada teatral, “A vida en Caldoval“, na cal coñeceremos a Xulia e Claudia, unhas mulleres romanas que visitaron o balneum mugardés durante o I d.C., en pleno Imperio Romano. Nestas datas tamén celebramos o oitavo aniversario dende a apertura do Centro de Interpretación, así que imos transportarnos no tempo a época de ouro de Caldoval para festexalo. É unha actividade para todos os públicos, poden vir dende xs máis pequenxs ata xs máis maiores, e terá unha duración de aproximadamente 45 minutos. Ofrecemos dúas oportunidades para asistir, ás 12:30 e 18:30 h., con previa reserva, ben contactando ao noso teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura, ou ben no correo electrónico info@museocaldoval.gal A vida en Caldoval

