Artigos Recentes

Publicado o 11/12/2021

ACTIVIDADE ESPECIAL DE NADAL: AGASALLOS DE SATURNALIA

Como cada ano e con motivo da chegada das festas do Nadal, o Centro de Interpretación de Caldoval oferta o seu novo obradoiro especial para este mes de decembro.

Con esta actividade preténdese render homenaxe á coñecida como Saturnalia romana, unha celebración dedicada ao deus Saturno e caracterizada polo seu ambiente festivo, suntuosos banquetes e o intercambio de agasallos. É por isto que o obradoiro basease na fabricación e decoración dun conxunto de velas de cartón para recrear un dos agasallos máis populares do festexo.

As datas de realización da actividade son o sábado 18 e o domingo 19 de decembro, con posibilidade de asistencia baixo previa reserva en horario de mañá ás 11:30h, e de tarde ás 17:30h. Para formalizar as reservas e obter máis información pódense poñer en contacto co persoal do museo enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou chamando ao número de teléfono 687 072 116 en horario de apertura do centro.