Publicado o 10/08/2024
Os abanicos eran un elemento esencial na vida dos romanos, non só como ferramenta para refrescarse, senón tamén como símbolo de luxo e status. Exhibían abanicos decorados con plumas, xemas e metais nobres, deixando clara a súa posición social. Esta actividade levarase a cabo no centro o domingo día 18 de agosto en horario de mañá ás 11:30h, e de tarde, ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto. ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN: FLABELLUM
O Centro de Interpretación de Caldoval anuncia a realización dun novo obradoiro familiar, Flabellum, que permitirá aos grupos participantes explorar a historia e a cultura da Antiga roma a través da creación dos seus propios abanicos romanos pregables.