Publicado o 26/08/2024
En cada establecemento participante, os visitantes poderán solicitar as tarxetas de adiviñanzas que desvelarán os ingredientes do garum. Pasada a fin de semana, realizarase un sorteo entre todas as familias que completen correctamente as nove adiviñanzas, e a familia ganadora recibirá un premio especial no museo. Esta actividade pretende ofrecer unha experiencia educativa e entretida á vez que fomentar a colaboración entre o museo e a hostalaría local, creando sinerxías que beneficien a todos. Espérase que esta primeira edición sente as bases para un evento que poida continuar crecendo e mellorando. Para máis detalles sobre como participar, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co museo a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116 (en horario de apertura do centro). Esta fin de semana, cultura e gastronomía danse a man nunha cita que ningún amante da historia quererá perderse. ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN: XINCANA GASTRONÓMICA
Chega a derradeira actividade especial de verán e o Centro de Interpretación de Caldoval presenta unha proposta para fusionar historia e gastronomía romanas. Durante a fin de semana do 31 de agosto, o museo invita a todas as familias a participar nunha xincana gastronómica que percorrerá os locais hostaleiros do centro de Mugardos, na procura dos ingredientes secretos da mítica salsa garum romana.