Publicado o 09/08/2022
Outro ano máis e dentro da programación especial de verán, o Centro de Interpretación de Caldoval conta coa presenza do biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultural, Antón Bouzas, quen dirixirá a nosa mirada a través do ceo nocturno para conectar as nosas mentes coa cultura dos nosos antepasados. O evento levarase a cabo a partir das 22:00h da noite na zona exterior do propio museo. Todas as persoas interesadas en asistir deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) para formalizar a súa reserva facilitando os seguintes datos: número total de asistentes, nomes e teléfono da persoa de contacto. ACTIVIDADE ESPECIAL EN CALDOVAL: IV NOITE DE ESTRELAS