Artigos Recentes

Publicado o 26/10/2025

Actividade especial por Samaín – Mundus Patet

O mundus patet chega a Caldoval!

O venres 31 de outubro abrimos as portas do inframundo así que os pantasmas van andar libres polo museo, para devolvelos ao sitio do que viñeron vades ter que darlles caza. Vide disfrazadxs e a pasalo ben no Samaín romano!

É para todos os públicos e de balde, non é necesario reservar praza. A actividade comezará ás 17:30 e rematará cando se atopen todas as pantasmas. 

Non vós quededes coas ganas!