Publicado o 03/05/2025
Celebra en Caldoval o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos Ademais de celebrar mañá o Día da Nai co obradoiro especial “Pvpa”, no que falaremos de bonecas romanas, xoguetes e crearemos unha boneca moi especial, maio trae outras datas para celebrar no museo. A primeira cita será o Día das Letras Galegas. Non perdas a oportunidade de crear un caderno de escritura romano, “tabula cerata”, o 17 de maio, no obradoiro especial que terá lugar en quenda de mañá ás 11:30 h. e de tarde ás 17:30 h. A segunda cita será o 18 de maio, Día Internacional dos Museos. Coñeceremos cómo era unha sesión deportiva na palestra romana de Caldoval e crearemos figuras de deportistas e bañistas que visitarían o balneum de Caldoval. Tamén en quenda de mañá ás 11:30 h. e pola tarde ás 17:30 h. Recordamos que son actividades de balde, só tes que reservar a túa praza no horario que prefiras. Ademais, continúan as visitas guiadas e os obradoiros habituais, palestra de xogos romanos no exterior e xincana polo museo! Actividades especiais maio