Artigos Recentes

Publicado o 01/03/2025

ACTIVIDADES ESPECIAIS MARZO

Compartimos as actividades especiais que faremos este mes de marzo:

O sábado 8 marzo, DÍA DA MULLER, faremos una visita especial sobre o que significaba ser muller na época da Antiga Roma, en dúas quendas, 12:30 e 18:30 h. con reserva previa ata esgotar as prazas.

O domingo 16 faremos un obradoiro especial de cara ao DÍA DO PAI no que elaboraremos un medallón co retrato do noso pai tendo como modelo ao emperador romano Adriano, que aparece representado nunha moeda que se expón nas nosas salas. Será tamén con reserva previa ata esgotar as prazas en horario de mañá ás 11:30 h. e de tarde ás 17:30 h. Ambas actividades teñen carácter gratuito.