Artigos Recentes

Publicado o 12/12/2025

Actividades especiais polo Nadal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non paramos polo Nadal! Temos dúas actividades organizadas para vós neste mes de decembro para desfrutar en familia. A primeira é o sábado 20 na cal moldearemos en arxila os nosos propios sigillaria, que eran os regalos que se facían en Roma. Para así estar preparados para as xuntazas familiares e intercambio de regalos do Nadal, tradición que xa se facía nas casas da antiga Roma. Público familiar a partir dos 6 anos

A seguinte é o domingo 21, que se levará a cabo coa asociación Gallaecia Viva, que nos darán respostas ás grandes preguntas sobre a vida en Roma. Celebraban  as Saturnais nos campamentos romanos? Se felicitaban o ano novo? Descúbreo neste obradoiro e síntete como un verdadeirx romanx. Primeiro, traballarás duro durante a nosa formación militar co teu gladius e o teu scutum. Rematarás a xornada escribindo en taboíñas as túas felicitacións e bos desexos para o próximo ano, tal e como o facían xs romanxs. Para público familiar con nenxs a partir de 8 anos

Ambas as actividades son para público familiar e o horario das actividades son de mañá, ás 11:30, e durarán entre 45 minutos e 1 hora. É necesario reservar praza, para o cal podedes contactar con nós no correo info@museocaldoval.gal, ou no teléfono 687072116 en horario de apertura.

 A maiores durante o Nadal ampliamos o noso horario de apertura, ides poder atoparnos coas portas abertas o martes 23, de 10:30 a 14:00 e pola tarde de 16:30 a 20:00. Perfecto para un plan familiar!