Artigos Recentes

Publicado o 08/02/2025

As frechas de Cupido

 Dende o Centro de Interpretación lanzamos o primeiro dos obradoiros especiais deste ano para festexar San Valentín. Será o vindeiro venres 14 de febreiro ás 17:30 h. cun obradoiro chamado As frechas de Cupido, pois o deus romano será o protagonista.

Dirixido a familias con nenas e nenos a partir de 6 anos, nel coñeceremos a historia da mitoloxía romana sobre Cupido, quen lanzaba frechas de amor pero tamén frechas de desamor, polo que podía causar moitos problemas! E fabricaremos as nosas propias frechas e arco igualiñas ás do deus.
É unha actividade de balde e as prazas son limitadas, polo que se queres participar, só tes que chamar ao noso teléfono (687072116) ou escribirnos un correo a info@museocaldoval.gal con nome, teléfono de contacto e número de participantes.
TEMOS UNHA CITA NO MUSEO!