Artigos Recentes

Publicado o 17/01/2026

AXENDA XANEIRO

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS DE XANEIRO EN CALDOVAL

Comezamos o ano con actividades especiais para profundizar na cultura e na historia da Antiga Roma coas seguintes actividades:

  • O venres 23 de xaneiro celébrase o Día da escritura a man, e o celebraremos cun obradoiro especial chamado Lettering á romana, no cal tras unha breve explicación, as persoas participantes farán unha práctica caligráfica en latín usando tinta, cálamo e papiro. Será ás 17:30 h.

 

  • O sábado 31 de xaneiro, aproveitando o inicio de ano que acabamos de vivir, faremos un obradoiro titulado O tempo na Antiga Roma. Nel coñeceremos cómo organizaban os días fai 2000 anos, falaremos do calendario xuliano e elaboraremos un reloxo en arxila. Haberá ademais un sorteo dun exemplar do noso calendario romano que deseñamos no Centro de Interpretación de Caldoval entre as persoas participantes. Será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h.

Estas actividades están pensadas para público adulto e tamén familias con crianzas a partir de 8 anos. As prazas para estas actividades gratuitas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través das nosas redes sociais: @centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram, no correo do centro info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16 (en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.)

E recordamos que continúan as visitas guiadas e obradoiros habituais do museo durante o resto do mes!

Cartel de actividades de enero en Caldoval