Artigos Recentes

Publicado o 21/09/2025

Banquete en Caldoval

NOVA ACTIVIDADE ESPECIAL PARA REMATAR SETEMBRO

Remata o mes cunha nova actividade especial o vindeiro sábado 27 de setembro titulada “Banquete en Caldoval”. Faremos un xogo no que coñecer cómo era o uso da moeda e a gastronomía na Antiga Roma para elaborar un menú, que intentaremos que esté á altura da familia imperial romana. Haberá dúas oportunidades de participar: en quenda de mañá ás 11.30 e de tarde ás 17:30 h. É unha actividade para público adulto e familias con crianzas a partir de 10 anos, previa reserva.

Será tamén a última semana para achegarse a coñecer o pasado romano do lugar de martes a domingo de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h. antes de pasar en outubro ao horario de inverno no que o museo abrirá soamente venres, sábados e domingos no mesmo horario.

Continúan a maiores as visitas guiadas e os obradoiros habituais, sendo todas as actividades gratuitas. As reservas serán no teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura, e no correo electrónico info@museocaldoval.gal.