Artigos Recentes

Publicado o 22/03/2018

Caldoval abre tódolos días en Semana Santa.

O Museo de Caldoval abrirá tódolos días dende este venres 23 de marzo ao domingo 1 de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O xacemento romano do século I d.C. atopado na enseada de Santa Lucía pódese visitar libremente en horario de apertura do Centro ou realizar unha visita guiada cunha persoa experta en patrimonio e turismo. Estas visitas son de balde e terán lugar tódolos días ás 10:30, 12.30, 16:30 e 18:30. É recomendable reservar praza a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou do teléfono 687072116.

Ademais, continúa a actividade infantil “O Tesouro de Caldoval“; un xogo de pistas para facer en familia en calquera momento, a través do cal visitar dun modo diferente e divertido o museo.

Tamén, durante toda a Semana Santa, realizaranse obradoiros relacionados co mundo romano. Para xs máis pequenxs o taller “Pintorxs de Roma“, onde aprenderán a decorar ao estilo romano; para nenxs de primaria os talleres “Artista dos Mosaicos” e “Ludi Romani“, onde farán un mosaico con pequenas teselas no primeiro, e un taboleiro de xogo de mesa romano no segundo. Para público algo máis maior se poderá realizar o taller de estética e cosmética romana chamado “O Perfume do César“, onde aprenderán os costumes máis íntimos da cultura romana e elaborarán un ungüento aromático personalizado. Estes obradoiros terán lugar tódolos días baixo reserva en horario de 11:30 e 17:30.