Artigos Recentes

Publicado o 28/09/2020

Caldoval cambia o seu horario en Outubro

A partir do mes de outubro Caldoval muda o seu horario. Poderedes visitarnos os venres, sábados e domingos no noso horario habitual de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.

Como ata agora a seguridade sanitaria é a nosa prioridade e por iso continuaremos aplicando as medidas precisas para evitar contaxios por COVID19 como son a limpeza de mans con xel hidroalcohólico, o uso de máscaras obrigatorio, o mantemento da distancia interpersoal de seguridade e a limitación do número máximo de participantes en actividades a 18 persoas.

Seguiremos realizando visitas guiadas ás 10:30h e 12:30h en horario de mañá e ás 16:30h, 18:30h en horario de tarde. Os obradoiros familiares continúan sendo os sábados e domingos ás 11:30h, 17:30h e lembrade que poderedes realizar de forma libre o xogo “As XII probas de Caldoval”, dispoñible en calquera momento durante o horario de apertura.

Pódese solicitar máis información no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116.