Publicado o 19/08/2021
Seguindo as instrucións dos escritos antigos, as distintas familias participantes terán que somerxerse baixo terra para atopar o tesouro que foi agochado pola dona da Vila de Caldoval fai moitos anos. Conta a lenda que aquelas persoas que o atopen gozarán dunha inesgotable boa fortuna. Na procura do tesouro romano levarase a cabo durante os días 21 e 22 de agosto ás 11:30h e ás 17:30h para que o público máis novo do museo teña a oportunidade de traballar como arqueólogo/a por un día e aprender máis sobre este valioso oficio. O aforamento continua reducido a 10 persoas non conviventes, polo que xa se atopa aberto o prazo para inscricións, as cales poden realizarse a través do correo electrónico do centro (info@museocaldoval.gal) ou chamando ao seguinte número de teléfono en horario de apertura: 687 072 116. Esperámosvos! CALDOVAL REPITE OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA: NA PROCURA DO TESOURO ROMANO
Sabemos que moitxs de vós quedáchedes coas ganas de participar no obradoiro de arqueoloxía do pasado mes de xullo e, por iso, repetimos actividade!