Artigos Recentes

Publicado o 05/03/2021

Caldoval volve abrir as súas portas

  Tras as medidas impostas o 25 de febreiro pola Consellería de Sanidade de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada de COVID-19 nesta Comunidade, o Centro de Interpretación de Caldoval viuse obrigado a pechar   as súas portas dende o venres 26 de febreiro ata o venres 5 de marzo.

A raíz da implantación da nova normativa vixente  fíxose posible a reapertura do Centro, dende o que se escolleu o 5 de marzo como día propicio para tal acontecemento.

As visitas e actividades continuarán a desenvolverse de maneira habitual:

  • De venres a domingo
  • En horario de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h