Publicado o 13/12/2024
Presentamos o CALENDARIO ROMANO DE CALDOVAL 2025, ano 2778 dende a fundación de Roma. Co obxectivo de achegar a vida cotiá de romanos e romanas a todas aquelas persoas interesadas, no calendario que compartimos superpóñense o calendario xuliano, reformado por Julio César no ano 46 a.C., e o actual gregoriano, vixente dende o século XVI. Polo tanto, no Calendario de Caldoval poderedes comparar a forma romana e a actual de contar os días, pero tamén coñeceredes as festividades romanas, festivos actuais, días de apertura do Centro de Interpretación de Caldoval e as datas máis relevantes da historia de Roma. Dispoñible xa no apartado DESCARGAS da nosa WEB. Qué contén o calendario romano? Con este calendario coñeceremos a particular concepción do tempo no Imperio Romano. Nesa época nomeaban os días casi igual que nós, agás o Saturni Dies, que pasou a ser o noso sábado por influencia do sabbath xudeu, e o Solis Dies, que se converteu en domingo por influencia cristiana do dies dominicus. Nun principio, o calendario romano contaba con 10 meses, de marzo a decembro, aos que engadiron xaneiro –Januarius-, e febreiro –Februarius. Así, aínda que novembro xa non ocupaba a novena posición na conta dos meses, non cambiaron o seu nome, que seguimos a usar. O que sí cambiaron foi o mes Quintilis por Iulius, xullo, en homenaxe a Julio César tralo seu asesinato. Da mesma forma ocorre con Sextilis, que pasou a ser Augustus, o noso agosto, dedicado ao emperador Augusto. A maior diferencia radica no sistema de cómputo de días, que en época romana era máis complexo, pois non se numeraban de forma crecente coma na actualidade (1, 2, 3, 4…), se non que todos os meses tiñan tres datas usadas coma referentes para contar: Deste xeito, o 2 de febreiro era o día posterior ás kalendas – postridie kalendas februarias-, e o 3 de febreiro era o terceiro antes das nonas –ante diem III nonas februarias. Isto ocorría porque kalendas, nonas e idus servían para marcar as diferentes fases da lúa nun calendario usado nos inicios da civilización romana, útil nunha sociedade aínda maioritariamente agraria. Calendario romano de Caldoval 2025