Artigos Recentes

Publicado o 21/10/2017

Comezan os Talleres Didácticos sobre o mundo romano.

Caldoval comezou este outubro os obradoiros didácticos para centros educativos, familias e grupos. As actividades propostas polo equipo dinamizador están tendo moito éxito, sobre todo o taller de estética e cosmética romana “O Perfume do César” onde aprendemos a elaborar ungüentos aromáticos personalizados que logo se poden levar para casa nun decorativo frasquiño. Os domingos ás 11:30 e ás 17:30 están tendo lugar os obradoiros de balde para familias: “Pintores/as de Roma”, para nen@s entre 3 e 6 anos, onde se realiza un mural con motivos marítimos propios dos balnearios portuarios; “Artista dos Mosaicos”, entre 6 e 12 anos, onde se elabora un mosaico que adoitaban aparecer no chan das termas; e “Ludi Romani”, onde se fai un taboleiro en barro e aprenden os xogos de mesa máis populares de Roma, para nen@s entre 6 e 12 anos.

Descarga o noso cartafol didáctico se queres ter máis información sobre os nosos talleres.