Artigos Recentes

Publicado o 31/10/2020

CONCURSO DE DANZA ROMANA PARA CENTROS EDUCATIVOS

Desde o Centro de Interpretación de Caldoval somos conscientes da problemática que están atravesando os centros educativos en relación á programación das actividades extraescolares deste novo curso debido á crise provocada pola Covid-19. Por esta razón, a maiores das visitas e obradoiros habituais, propoñemos unha actividade especial de realización a distancia desde os propios centros educativos en colaboración co museo.
Organizamos un concurso de danza romana entre aqueles centros que presenten as súas solicitudes mediante o envío do material especificado nas bases. Trátase dun proxecto pedagóxico no que se busca unha formación integral, tanto dxs pequenxs coma dos máis grandes. O seu carácter é interdisciplinario, acollendo a participación de profesores de distintas áreas como Historia, Educación Física ou Música.