Publicado o 15/05/2025
CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS EN CALDOVAL Quedan só dous días para que comece unha fin de semana chea de celebracións, e dende Caldoval, a maiores das visitas guiadas, propoñemos dúas actividades especiais para facer en familia! O sábado 17 de maio, no Día das Letras Galegas, este 2025 dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras, a proposta do museo é un obradoiro de cadernos de escritura da Antiga Roma, no que faremos unha pequena táboa encerada á que os nosos devanceiros chamaban “tabula cerata”. Nela plasmaremos versos das cantigas tradicionais galegas que celebramos este ano. O domingo 18 de maio é o Día Internacional dos Museo, unha xornada que no noso museo se centrará en coñecer mellor a “palaestra romana”, o patio al aire libre onde romanos e romanas se exercitaban antes de entrar aos baños mugardeses de Caldoval, e para iso faremos un obradoiro de figuras de deportistas e bañistas. As dúas actividades son de balde e están pensadas para público familiar con crianzas dende os 6 anos de idade, aínda que tamén pode participar público adulto. Reserva a túa praza no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687072116 e tamén nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram. Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos