Artigos Recentes

Publicado o 14/04/2023

Día do Libro en Caldoval

Para festexar o Día Internacional do Libro o domingo 23 de abril, realizaremos, en horario de mañá ás 11:30h, e tarde ás 17:30h, o obradoiro de escritura “Ars Scribendi”, onde aprenderemos a utilizar a caligrafía romana e coñeceremos as orixes do libro antigo.

Todas as persoas que visiten o centro poderán ollar a nosa pequena colección de libros que foron doados polos propios visitantes do museo e levarse para casa o que máis lles interese.