Artigos Recentes

Publicado o 31/07/2024

AGOSTO EN CALDOVAL

Coa chegada do mes de agosto, o Centro de Interpretación de Caldoval continúa coa súa programación de obradoiros e actividades especiais de verán. Ademais das visitas guiadas e os obradoiros habituais, desenvolveranse outros distintos para os que xa hai data oficial.

Dará comezo o venres 2 coa Noite de Estrelas, unha observación astronómica para a que xa están todas as prazas cubertas; continuará o sábado 3 cos VI Xogos Romanos, un día no que practicar deportes da Antiga Roma na nosa palestra exterior e crear unha medalla olímpica – esta actividade non precisa de inscripción previa e poderase acudir durante todo o horario de apertura; a continuación virá o obradoiro de abanicos romanos, unha sesión enfocada a público familiar para crear o complemento ideal para verán e aprender cómo se libraban do calor xs romanxs; e pecharase a programación do mes o último fin de semana, sábado 31 e domingo 1 de setembro, cunha xornada sobre a gastronomía romana.

Algunhas destas actividades terán aforo limitado, polo que será necesario reservar no momento en que se abra o prazo de cada unha delas, o que se anunciará dende o propio centro a través da súa páxina web e redes sociais Facebook e Instagram (@museocaldoval). Para obter más información pode poñerse en contacto co persoal do museo chamando ao número de teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura do centro, ou a través do seu correo electrónico: info@museocaldoval.gal