Publicado o 31/05/2025
Chega o mes de xuño e trae novo horario no museo. Amplíanse os días de apertura, de martes a domingo en horario de mañá de 10:30 a 14:00 e de tarde de 16:30 a 20:00 h. Os luns permanecerá pechado. Seguimos con visitas guiadas os fins de semana ás 10:30, 12:30, 16:30 e 18:30 h., previa reserva; así como obradoiros ás 11:30 e 17:30 h. A maiores, e sen necesidade de reserva, pódese optar por facer o xogo de pistas sobre a Antiga Roma que se enconden por todo o edificio, ou practicar xogos da Antigüidade clásica na palestra do exterior. As actividades especiais que temos programadas para este mes son as seguintes: Recordamos que todas as nosas actividades son de balde, só tes que reservar para participar aportando nome, teléfono ou correo electrónico, número de asistentes e idades (en caso de participar menores) ao correo electrónico info@museocaldoval.gal e teléfono 687072116 (en horario de apertura). Programación do mes de xuño en Caldoval