Artigos Recentes

Publicado o 04/07/2026

OBRADOIRO MOSAICO DE POLBO

OBRADOIRO ESPECIAL DE VERÁN EN CALDOVAL: POLBO Á ROMANA!

Presentamos o noso seguinte obradoiro especial dentro da programación de verán 2026, que terá lugar no Centro de Interpretación de Caldoval, Mugardos, o vindeiro sábado 11 de xullo, en quenda de mañá ás 11:30 h. ou pola tarde ás 17:30 h., para todas as persoas maiores de 6 anos.

Coincidindo coa festa do polbo da vila, no xacemento romano propoñemos vir crear un mosaico dun polbo romano, xa que é un animal que os antigos tamén consumían e representaban nos mosaicos das súas vivendas. Qué mellor temática para unha data tan emblemática aquí en Mugardos?

Para reservar praza, só tes que chamar ao 687072116 ou escribir ao correo info@museocaldoval.gal e atenderemos durante as horas de apertura do centro.

Obradoiro pulpo a la romana