Artigos Recentes

Publicado o 01/11/2017

Ferrolterra interésase por Caldoval.

O Centro de Interpretación de Caldoval, no Concello de Mugardos, continúa sumando visitantes dende a súa inauguración o 9 de setembro. Pese á redución nos días e horario de apertura, a Caldoval achegáronse nestes dous meses de vida case que 2.000 persoas! A área de influencia do xacemento comeza a agrandarse. Se nun primeiro momento foron os veciños e veciñas de Mugardos os que conformaron o groso do público en Caldoval; agora un 40% deste corresponde coa comarca de Ferrolterra. Visitantes de Ares, de As Pontes, de Ferrol, de Pontedeume, de Cabanas, de Narón, de Fene, de Neda…. Pouco a pouco os baños romanos de Caldoval vanse facendo coñecidos e atraendo turismo cultural de cada vez máis lonxe.

Consulta a nosa sección de “Como chegar” e prepara a túa visita de balde a Caldoval!