Artigos Recentes

Publicado o 13/10/2022

IV XORNADA SOBRE A MUGARDOS ROMANA

O Centro de Interpretación de Caldoval organiza por cuarta vez a súa Xornada sobre a Mugardos romana con novxs invitadxs para a ocasión. Tras o parón que sufriu esta actividade o pasado ano 2021 por mor da complicada situación derivada da covid-19, chega de novo o ciclo de conferencias que xiran arredor do tema da Vila de Mugardos e o seu pasado galaico-romano cos xacementos do municipio como pano de fondo.

O día escollido para a realización da actividade é o sábado 22 de outubro a partir das 10:00 horas. Como peche da xornada, esa mesma tarde ás 16:30 h, levarase a cabo unha visita guiada especial á Vila romana de Noville. O prazo de inscricións para estas dúas actividades estará aberto dende esta mesma tarde. As persoas interesadas en asistir deberán realizar as súas reservas a través do correo electrónico do centro (info@museocaldoval.gal) indicando claramente a actividade ou actividades ás que desexa asistir.