Publicado o 13/08/2021
O CIC anuncia que tras ser adiada as IV Xornadas de Xogos Romanos en Familia por mor do mal tempo, o sábado 14 e o domingo 15 de agosto son as datas escollidas para recuperar esta xa tradicional actividade anual. Trátase dunha actividade ó aire libre na que os concursantes practicarán deportes ó máis puro estilo da Antiga Roma, competindo, cos seus contrincantes, por acadar o mellor posto no podio. Para a realización desta actividade será necesario inscribirse previamente a través do correo do centro: info@museocaldoval.gal ou chamando ao 687 07 21 16 en horario de apertura. IV XORNADAS DE XOGOS ROMANOS EN FAMILIA

