Artigos Recentes

Publicado o 10/09/2026

IX EDICIÓN DA NOITE DE ESTRELAS

DERRADEIRA ACTIVIDADE ESPECIAL DA PROGRAMACIÓN DE VERÁN

O Centro de Interpretación do Caldoval pechará a súa programación especial de verán coa xa tradicional Noite de Estrelas, sendo esta a oportunidade ideal para mirar cara ao firmamento cos ollos das romanas e dos romanos.

Esta novena edición terá lugar o sábado 19 de setembro, de 22:00 a 23:30 h, sempre e cando o permitan as condicións meteorolóxicas. Amais, a observación astronómica será conducida por Borja Tosar, astrofísico e divulgador galego, e está orientada para o público xeral, a partir dos 8 anos.

A actividade, que será gratuíta, ofrecerá 50 prazas, mais require inscrición previa. A reserva será posíbel a través do correo electrónico do centro (info@museocaldoval.gal) ou do teléfono deste (687 07 21 16). Con todo, unicamente poderase reservar a partir do venres 11, dende as 10:30 h, pois o persoal do centro atenderá, coma é habitual, durante o horario de apertura (de martes a domingo de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h).

Pregámoslles que, de conseguiren as súas prazas, traian consigo roupa de abrigo e unha manta. Moitas grazas.

 

 

 

          IX Edición da Noite Estrelas,

          derradeira actividade especial do verán