Artigos Recentes

Publicado o 01/10/2021

NOVO HORARIO OUTUBRO-MAIO

A partir do día 1 de outubro de 2021 o Centro de Interpretación de Caldoval muda o seu horario e deixa atrás o establecido para os meses de verán. O museo permanecerá aberto todos os venres, sábados e domingos no seu horario habitual de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h, coa posibilidade de realizar visitas guiadas e obradoiros en calquera dos días de apertura e conservando os seus turnos de mañá e tarde: as visitas guiadas levaranse a cabo ás 10:30h, 12:30h, 16:30h e 18:30h, e os obradoiros ás 11:30h e ás 17:30h.

Para máis información poden poñerse en contacto connosco enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou chamando ao número de teléfono 687 072 116 en horario de apertura do centro.